jueves, 23 de junio de 2011

ATA SETEMBRO!

IMOS DE VACACIÓNS.
AS MASCOTAS MARCHAMOS DESCANSAR, TAMÉN APROVEITAREMOS PARA LER E ESCRIBIR,E SOBRE TODO PARA REPASAR DIFERENTES COUSIÑAS QUE APRENDEMOS NA ESCOLA. XOGAREMOS MOITO E APRENDEREMOS COUSAS NOVAS NAS VIAXES.
VÉMONOS O 12 DE SETEMBRO EN 5º!
ABURIÑO!!!

martes, 21 de junio de 2011

UNHA VACALOURA NA CLASE

HOXE TIVEMOS VISITA DUNHA ESPECIE CURIOSA: UNHA VACALOURA.
OBSERVÁMOLA, ENSINÁMOSLLA AO ALUMNADO DE INFANTIL, BUSCAMOS INFORMACIÓN SOBRE ELA EN INTERNET E PUIDEMOS VER PARTE DO SEU CORPO NUNHA LUPA BINOCULAR. DESPOIS CEIBÁMOLA ONDA AS ÁRBORES DO PATIO.

sábado, 18 de junio de 2011

ACOLLIDA DE 4º EN 5º

ESTES DÍAS ESTAMOS VISITANDO 5º E COMPARTINDO ACTIVIDADES. O VINDEIRO CURSO ESTAREMOS NO MESMO CICLO.
FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI BONITA CONXUNTAMENTE. CONTARÉMOSVOLA MÁIS ADIANTE...

domingo, 29 de mayo de 2011

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E A NOSA COLABORACIÓN

O 5 DE XUÑO É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, COIDALO É A NOSA OBRIGA. CONCIENCÉMONOS.
ESTE ANO A INDIA SERÁ POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA ANFITRIONA DO Día Mundial dO Medio Ambiente 2011. DEDÍCASE AOS BOSQUES E Á IMPORTANCIA QUE TEÑEN PARA CONSERVAR O MEDIO AMBIENTE.

sábado, 9 de abril de 2011

A PRENSA

NESTA SEMANA PRÓXIMA IMOS TRABALLAR COA PRENSA.
SABEDES QUE SECCIÓNS TEN UN XORNAL? E UN XORNAL DIXITAL?
IMOS INVESTIGAR O QUE SON OS PÉS DE FOTO, OS TÍTULOS E SUBTÍTULOS, AS ENTRADIÑAS, OS FILETES, AS COLUMNAS...
TAMÉN IMOS RESUMIR NOTICIAS EN PIRÁMIDES E INVENTAR NOTICIAS PARA UN XORNAL MURAL.

lunes, 14 de marzo de 2011

O TERREMOTO DE XAPÓN

A MASCOTA MÁNDANOS UNHA CARTA SOBRE O TERREMOTO DE XAPÓN. ESTÁ MOI PREOCUPADA POR...

- COMO ESTABAN EN ALERTA PAÍSES DE TAN LONXE DE XAPÓN COMO CHILE...
- POLO TEMA DAS CENTRAIS NUCLEARES QUE FORON AFECTADAS E QUE NON FUNCIONAN BEN
- POR COMO ACTUAR ANTE UN TERREMOTO
- POR SABER CALES FORON OS TEREMOTOS MÁIS FORTES DA HISTORIA...
IMOS INVESTIGAR E COMENTAR EN CLASE.
PODEMOS VER DATOS CLICANDO AQUÍ. , AQUÍ E AQUÍ.

viernes, 4 de marzo de 2011