miércoles, 22 de diciembre de 2010

IMOS DE VACACIÓNS!!

REMATOU O TRIMESTRE E IMOS DE VACACIÓNS.
ANTES TOMAMOS UNHA CHOCOLATADA PARA REPORNOS DO TRABALLO.

jueves, 16 de diciembre de 2010

TRABALLANDO A RECICLAXE E A "LECTURA COMPARTIDA"

UNHA NOTICIA DE XORNAL MOTIVOUNOS PARA TRABALLAR SOBRE A RECICLAXE. A NOTICIA APARECERA NA "VOZ DE GALICIA" DO DÍA 1 DE DECEMBRO E LEVA POR TÍTULO El reciclaje arranca en los hogares con la selección de residuos. A PARTIR DE AÍ SEGUIMOS INVESTIGANDO NO TEMA.
MESMO FIXEMOS UNHA LECTURA COMPARTIDA DUN LIBRO DOS BOLECHAS.

ADEMAIS IMOS VER UNHAS PRESENTACIÓNS SOBRE O PROBLEMA DO LIXO E DAS BOLSAS DE PLÁSTICO.

jueves, 25 de noviembre de 2010

LUÍSA VILLAR LIÉBANA, VISÍTANOS

Onte, 24 de novembro, tivemos unha visita moi especial. Veu Luísa Villar Líebana, a autora do libro "El duende de la ñ".
Explicounos como se lle ocorreu escribir o libro e ensinounos fotos de "duendes" e díxonos de onde era cada un.
Preguntamos todo o que nos causou curiosidade e despois asinounos os exemplares dos libros que xa tiñamos lidos.

viernes, 19 de noviembre de 2010

20 DE NOVEMBRO: OS DEREITOS DA INFANCIA

AS MASCOTAS DE CUARTO, MAVERA E MURSI, LEMBRÁRONNOS, POR SE SE NOS ESQUECÍA, QUE MAÑÁ SE CELEBRABA O DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.
SABEMOS QUE TEMOS UNS DEREITOS MOI IMPORTANTES E QUE DESGRAZADAMENTE NO MUNDO HAI NENAS E NENOS QUE NON GOZAN DELES. O CURSO PASADO LEMBRABAMOS O NOSO DEREITO A TER UN NOME DIGNO.
ESTE CURSO IMOS TRABALLAR CO DEREITO A MEDRAR SAUDABLEMENTE NO PLANO FÍSICO, MORAL, SOCIAL E PSICOLÓXICO. PARA FACER O TRABALLO IMOS LER UNHA HISTORIA ADAPTADA QUE NOS PERMITIRÁ DEBATER DESPOIS.

martes, 9 de noviembre de 2010

ESTIVEMOS TRABALLANDO ARREO E INVESTIGANDO SOBRE O CASTIÑEIRO

Levamos uns días investigando sobre o clima, a metereoloxía... as condicións idóneas para que medren castiñeiros. Investigando, investigando fixemos algún traballiño xeitoso. Velaquí algún dos resultados.

jueves, 4 de noviembre de 2010

SEGUIMOS COA METEREOLOXÍA

AS MASCOTAS MANDÁRONOS UNHA PROPOSTA DE INVESTIGACIÓN PARA A EXPOSICIÓN "A CIENCIA NO MAGOSTO": TEMOS QUE INVESTIGAR SOBRE O CLIMA E A METEREOLOXÍA IDEAL PARA QUE O CASTIÑEIRO MEDRE E DEA CASTAÑAS. NISO ANDAMOS AGORA, FACENDO DE CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS.
XA ESTÁN APARECENDO NAS CLASES UNHAS INFORMACIÓNS MOI, PERO QUE MOI AXEITADAS...

martes, 2 de noviembre de 2010

FACEMOS ESTRATEXIAS COOPERATIVAS

Levamos varias sesións traballando cunha estratexia de aprendizaxe cooperativa, titúlase " A pelota". Estamos aprendendo a que o noso grupo de clase se cohesione. Ides ver unhas fotos:

lunes, 25 de octubre de 2010

ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE A ATMOSFERA E OS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS

DENDE HAI UNS DÍAS TRABALLAMOS SOBRE A ATMOSFERA QUE RODEA Á TERRA, OS SEUS ELEMENTOS E OS FENÓMENOS QUE SE DESENVOLVEN NELA, ASÍ COMO A PREDICIÓN DO TEMPO.
1º ENLACE: TIPOS DE NEVE
2º ENLACE- TIPOS DE NUBES
3º ENLACE: ARCO DA VELLA
4º ENLACE: FENÓMENOS METEOROLÓXICOS

lunes, 4 de octubre de 2010

APRENDEMOS DE ONDE PROCEDEN OS NOMES DOS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR

Os planetas reciben o nome de antigos deusas e deuses romanos:

Mercurio- O seu nome en latín significa "mercancía". Era o deus do comercio.
Venus- Provén do nome da deusa da beleza e do amor.

Terra-O seu é o da deusa nai, responsable das colleitas.
Marte-Vén do nome do deus da guerra.
Xúpiter-O seu nome é pai de todos os deuses.
Saturno- O seu nome vén do deus da agricultura.
Urano-Ten un nome que lembra ao deus primordial do ceo.
Neptuno-Ten o nome do deus dos mares.

Algúns planetoides e astros do cinturón de asteroides tamén teñen nomes relacionados cos deuses e coas deusas de Roma:
Plutón-Ten o nome do deus dos infernos.
Ceres-Leva o nome da deusa dos cereais.
Irís-O seu nome correspóndese coa mensaxeira dos deuses.

lunes, 27 de septiembre de 2010

ESTAMOS A TRABALLAR O UNIVERSO

En cuarto estamos traballando sobre o Universo. Aprendemos moitas cousas. Atopamos varias páxinas interesantes sobre o tema. Clicade nas palabras en cor e veredes que guai.
Tamén podedes aprender sobre o universo con un LIM,  clicade aquí

lunes, 20 de septiembre de 2010

OLA! HOXE COMEZAMOS A FUNCIONAR

SOMOS AS MASCOTAS DE 4º A E 4ºB.
Acabamos de crear o blog das clases. Nel aparecerán as nosas actividades, saídas, lecturas, comentarios, fotos (ben, só as fotos na que nos vexamos guapas e guapos),...